top of page
PRESENTACIÓN: Bienvenido

IRIA ESTÉVEZ / FADO NORDÉS

O FADO, A MÚSICA DA SAUDADE, AO ENCONTRO COA MÚSICA DA MORRIÑA, A CANTIGA GALEGA.

CON FADO NORDÉS, IRIA ESTÉVEZ  DESCÓBRENOS  A ESENCIA COMPARTIDA ENTRE A  CANTIGA GALEGA E O FADO, A TRAVÉS DAS MELODÍAS, A PROFUNDIDADE DOS POEMAS, A VOZ LIBRE E ESTILADA.

"SILÉNÇIO, QUE SE VAI CANTAR O FADO!"

PRESENTACIÓN: Video
IRIA ESTÉVEZ HORIZONTAL.jpg

IRIA ESTÉVEZ

Iria Estévez,

cantante galega de fado e músicas de raíz, que conta cun amplo percorrido no ámbito musical, tanto como intérprete como creadora de múltiples proxectos, destacando Clave de Fado ou Arifi (gañadores do Burgos, raíz e evolución, 2017).

Formouse en diferentes escolas e ámbitos, destacando o Mestrado de Artes Escénicas da UVIGO, o programa profesional da ETRAD ou a Escola de Música Moderna da UCA, na especialidade de canto e piano, ademais de formacións de técnica vocal con diferentes mestras, acadando unha gran versatilidade, froito tamén da súa experimentación ao longo da súa vida, explorando as súas posibilidades vocais e musicais, logrando un son propio, con grandes e ricos matices; unha voz profunda, enérxica, doce e con gran expresividade.


O FADO:

Nesta intensa e continua exploración, Iria Estévez descobre no fado unha canle profunda e universal, para experimentar a través da liberdade expresiva e estilística que o fado permite, dado o seu carácter   improvisativo, conseguindo así un estilo propio, achegando ao fado a natureza do canto galego ou inclusións da influencia doutros estilos populares da península ibérica.

O fado supón a vivencia intensa das emocións, xa sexan a paixón, as saudades, as penas ou as alegrías; cantar o fado é moito máis que unha técnica, pois supón a entrega, a apertura, a experiencia...

Asua primeira experiencia co ámbito do fado foi co seu proxecto  Clave de Fad, co que  publicou o seu primeiro traballo discográfico, Xanelas, que se centra nunha visión máis aberta do fado, a través da instrumentación, os arranxos, ou a interpretación vocal, mesturando temas propios e versións e incluíndo diferentes tipos de fado e cantiga galega.

Desde o comezo da súa carreira profesional, Iria Estévez levou a súa voz a escenarios de todo o territorio peninsular, destacando o , TEATRO CIRCO de Braga, festival FADO CONVERGÊNTE DE PORTUGAL, INTERFADO de Cataluña, o TEATRO COLÓN ou o FESTIVAL DE LA LUZ.

Leer más
PRESENTACIÓN: Biografía

Últimas novidades

Screenshot 2023-10-24 at 12-12-03 Iria Estévez - Festival de la Luz.png

IRIA ESTÉVEZ / FADO NORDÉS en FESTIVAL DE LA LUZ

MONZÓN.jpg

IRIA ESTÉVEZ / FADO NORDÉS en PALENCIA

fado nordés CARTELLA UNIÓN SARRIA_edited.png

IRIA ESTÉVEZ / FADO NORDÉS

publicidade convergencias.jpg

IRIA ESTÉVEZ / FADO NORDÉS con TIAGO CORREIA

Screenshot 2023-03-01 at 20-19-17 Concello de Oleiros (_concellodeoleiros) • Fotos y vídeo

IRIA ESTÉVEZ / FADO NORDÉS

WhatsApp Image 2023-10-24 at 11.47.46.jpeg

IRIA ESTÉVEZ /PEDRO JÓIA e CANTO D'AQUÍ
TEATRO COLÓN

PRESENTACIÓN: Noticias
bottom of page